Venres 30 de maio de 2025, de 23:00 a 01:00 no parque forestal A Tomba, para 40 persoas.
Organiza: Concello de Pontevedra / Imparte: Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra
Actividade de divulgación astronómica no exterior. A actividade estivo composta por unha observación astronómica, empregando telescopios e simple vista, máis unha explicación do que se pode observar no ceo e unha explicación sobre os planetas e o sistema solar con maquetas.