Cartel con fondo negro, datos do evento e logotipos do concello e da asociación, cadro cunha xove no alto dun monte mirando a paisaxe.

Venres 31 de maio de 2024,  de 23:00 a 01:00 no Pontillón do Castro, para 40 persoas.

Organiza: Concello de Pontevedra / Imparte: Asociación Astronómica Sirio de Pontevedra

Actividade de divulgación astronómica no exterior. A actividade estará composta por unha observación astronómica, empregando telescopios e simple vista, máis unha explicación do que se pode observar no ceo e unha explicación sobre os planetas e o sistema solar con maquetas.

Inscricións en: https://apuntate.pontevedra.gal/observacion-astronomica-nocturna/

Punto de encontro: https://maps.app.goo.gl/1q2t6ueEzcNr6vfn7

Usamos cookies
Usamos cookies de terceiros que eles utilizarán para fines analíticos e para mostrar publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo a visita a este sitio web). Podes rexeitar o uso das cookies, en cuxo caso non funcionarán correctamente algunhas funcións do sitio web facilitadas por terceiros, en particular o sistema de reserva de visitas guiadas ao observatorio astronómico.