Cartel do evento: a Lúa case chea rodeada de palabras en moitos idiomas dicindo observemos a lúa. Abaixo xente observando.

A Asociación Sirio participa este ano na Noite Internacional de Observación da Lúa ampliando as prazas da súa tradicional visita guiada dos sábados ao Observatorio Astronómico de Cotobade e adaptando a súa temática aos obxectivos «luares» desta noite internacional.

Hai 60 prazas para esta actividade e podes facer a túa reserva no apartado de visitas guiadas.

Esta Noite Internacional de Observación da Lúa é un evento público anual a escala mundial que fomenta a observación, apreciación e coñecemento da nosa Lúa así como a súa conexión coa ciencia e a exploración planetaria. Todos os habitantes da Terra están invitados a participar neste evento, sexa como anfitrións ou como asistentes dunha actividade de observación da Lúa. Para máis información podes visitar https://moon.nasa.gov/observe

 

Usamos cookies
Usamos cookies de terceiros que eles utilizarán para fines analíticos e para mostrar publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo a visita a este sitio web). Podes rexeitar o uso das cookies, en cuxo caso non funcionarán correctamente algunhas funcións do sitio web facilitadas por terceiros, en particular o sistema de reserva de visitas guiadas ao observatorio astronómico.