06.11.2026 - Tertulia en liña: «Espectroscopía. Analizando a luz».
31.10.2026, 03.11.2076 - Saídas improvisadas dalgúns socios para observar o ceo.
08.10.2026 - Tertulia en liña: «Mundos noutros soles».
19.09.2026 - Membros da asociación ensinan a Lúa con telescopios no Paseo Antonio Blanco de Marín.
- 10.09.2026 - Tertulia en liña: «Eclipses».
- 20.08.2026 - A Asociación recibe aos participantes na andaina nocturna ao Observatorio de Cotobade.
- 12.08.2026 - Os socios gozan da eclipse total en distintos puntos de Galicia e resto de España: León, Benavente, Asturias, Ribeiras de Lea (Lugo), Arzúa, ...
- 01.08.2026 - Actividade solar para socios, incluídos júnior, no observatorio.
- 31.07.2026 - Actividade da Asociación dentro do programa Ponteverán 2026.
- 24.07.2026 - Visita o observatorio a ANPA do CEIP de Carballedo.
- 11.07.2026 - Xornada divulgativa sobre a eclipse solar en Arcade.
- 04.07.2026 - Observación solar na Festa dos Libros de Pontevedra.
- 26.06.2026 - Charla sobre a tríade de eclipses na Fundación Cuña-Casasbellas.
- 20.06.2026 - Acollemos no Observatorio de Cotobade a grabación do programa de Radio Galega «Efervesciencia».
- 20.06.2026 - Observación solar na Tomba.
- 22.05.2026 - A asociación colabora coa ANPA A Montesiña na actividade «Un picnic nas estrelas».
- 16.05.2026 - Un grupo de socios visita o planetario da Escola Naval de Marín.
- 15.05.2026 - A asociación participa na xornada Astronomía sen etiquetas: explorar o Ceo desde os Polos Creativos, organizada pola Xunta de Galicia.
- 26.03.2026 - Tertulia en liña: «Artemisa II».
- 21.03.2026 - Estrea do novo telescopio solar e práctica de todos os modos seguros de observar o Sol. Ademais, cea e observación nocturna.
- 23.12.2025 - Brindis virtual anual de socios.
- 13.12.2025 - Os socios junior desfrutan dunha actividade especial no Observatorio de Cotobade.
- 21.11.2025 - Alumnado do IES Gonzalo Torrente Ballester visita o Observatorio de Cotobade.
- 19.11.2025 - Tertulia en liña: «Cometas de moda».
- 17.10.2025 - Familias do CPR Juan Sebastián Elcano visitan o Observatorio de Cotobade.
- 10.10.2025 - Éxito na primeira chocolatada con estrelas na Moreira, Soutomaior.
- 04.10.2025 - A Asociación participa na Noite Internacional da Observación da Lúa.
- 23.08.2025 - Observación en grupo de moitos socios.
- 09.08.2025 - Observación no Castro de Troña, en colaboración co Concello de Ponteareas.
- 01.08.2025 - A Asociación leva unha chea de telescopios á grande actividade de perseidas na Insua, Pontecaldelas.
- 24.07.2025 - A Asociación recibe aos participantes na andaina ao Observatorio de Cotobade.
- 7-8.06.2025 - On The Moon Again, ensinando a Lúa nas rúas.
- 19.06.2025 - Tertulia en liña: «Bases lunares».
- 30.05.2025 - Actividade do programa «O monte é teu» no parque forestal da Tomba.
- 22.05.2025 - Tertulia en liña: «A nosa estrela».
- 18.05.2025 - A Asociación convida aos seus socios para unha observación conxunta do ceo de primavera.
- 24.04.2025 - Tertulia en liña: «Asteroides» (continuación).
- 29.03.2025 - A Asociación e o Concello de Pontevedra facilitan á cidadanía a observación da eclipse de sol.
- 27.03.2025 - Tertulia en liña: «Asteroides».
- 22.03.2025 - Taller de preparación de material para a eclipse.
- 14.03.2025 - Actividade do programa de lecer «Noites Abertas» no observatorio.
- 27.02.2025 - Tertulia en liña: «Eclipses: Observando o Sol»
- 18.02.2025 - Charla formativa sobre as eclipses no Pazo da Cultura de Pontevedra.
- 07.02.2025 - A AMPA do CEIP A Lama visita o observatorio.
- 30.01.2025 - Tertulia en liña: Que nos depara o 2025?
- 25.01.2025 - A Asociación celebra a asemblea ordinaria seguida dunha cea de confraternización.
- 23.12.2024 - Ten lugar no ciberespacio o tradicional brindis virtual dos socios.
- 10.10.2024 - Tertulia en liña: Iniciación a EAA
- 04.10.2024 - Publícase no programa Efervescencia, da Radio Galega, unha entrevista a varios socios.
- 14.09.2024 - A Asociación participa na Noite Internacional de Observación da Lúa
- 10.08.2024 - Primeira sesión en condicións xeitosas do novo Dobson de 50cm
- 09.08.2024 - A Asociación leva unha chea de telescopios á grande actividade de perseidas na Insua, Pontecaldelas
- 03.08.2024 - Observación no Castro de Troña, en colaboración co Concello de Ponteareas
- 02.08.2024 - Actividade de Ponteverán no Observatorio
- 27.07.2024 - Recibimos aos camiñantes da andaina nocturna ao Observatorio de Cotobade.
- 24.07.2024 - A Asociación leva telescopios ás actividades de verán para a rapazada de Soutomaior.
- 18.07.2024 - Tertulia en liña: Unha viaxe polo hemisferio sur
- 03.07.2024 - A Asociación recibe o Premio Labor Social na gala dos «Premios Pontevedreses del Año»
- 29.06.2024 - Gran celebración do 25° aniversario da Asociación.
- 23.06.2024 - Observación solar na Tomba, organizada polo concello de Pontevedra.
- 20.06.2024 - Tertulia en liña: Contaminación lumínica
- 16.06.2024 - On The Moon Again, ensinando a Lúa nas rúas de Pontevedra e Soutomaior
- 31.05.2024 - Observación no Pontillón do Castro, organizada polo concello de Pontevedra.
- 11.05.2024 - Observación exclusiva para socios desde o OAC.
- 11.05.2024 - Os socios junior desfrutan do Obradoiro de constelacións circumpolares.
- 25.04.2024 - Tertulia en liña: Cometas, mensaxeiros cósmicos.
- 20.04.2024 - Varios socios asisten ao EGAN, Encontro Galego Astronomía Nova, celebrado en Santiago de Compostela.
- 22.03.2024 - Pequenos alumnos do CEIP San Xoán Bautista visitan o observatorio acompañados polos seus pais.
- 21.03.2024 - Tertulia en liña: Utilizando a retina
- 29.02.2024 - A asociación retoma as súas tertulias astronómicas en liña.
- 17.02.2024 - Mulleres e rapazas da asociación dirixen a observación guiada en celebración do Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia
- 13.02.2024 - Algúns socios asisten á conferencia online "El proyecto ExoClock: Explorando mundos más allá del sistema solar", organizada pola AAM.
- 03.02.2024 - Arrancan as observacións guiadas dos sábados de 2024 no observatorio.
- 02.02.2024 - Recibimos a visita do IES Torrente Ballester no observatorio.
- 27.01.2024 - Celebramos a nosa asemblea anual seguida dunha cea de confraternización. Agradecemos á directiva saínte o seu traballo e damos a benvida á directiva entrante. A ilusión continua coma sempre.