Desde 2021 o observatorio dispón dun reloxo de sol fabricado cun bloque de granito instalado na fachada sur. Baixo el atoparemos unha placa que explica, cun exemplo, como utilizar o reloxo para ler a data aproximada e a hora do día.

O exemplo é o seguinte:

Data aproximada

Sabendo que estamos en verán e observando que o vértice da sombra se atopa entre as liñas de declinación correspondentes ao 22 de agosto e ao 22 de setembro (equinoccio de outono), máis ben próximo á do 22 de agosto, determinamos aproximadamente que a data corresponde ao 26 de agosto.

Hora

En canto á hora, a sombra do estilo indícanos as 4 h 25 min da tarde (hora solar verdadeira), xa que o vértice está entre as liñas IV e V, á dereita das XII (a esquerda a mañá, á dereita a tarde).

Para conseguir a hora oficial teremos que facer dúas correccions:

- Sumar 1 h 34 min no horario de inverno ou  2 h 34 min en horario de verán (1 h por franxa horaria, 34 min por desviación en lonxitude respecto do meridiano central da franxa horaria e 1 h pola hora adicional en verán)

- Utilizar a táboa (interpolando) para sumar ou restar minutos segundo a data. Porque para un reloxo mecánico todos os días teñen 24 horas, pero a Terra na súa órbita arredor do Sol non vai sempre á mesma velocidade e en consecuencia o día solar verdadeiro non é constante. Esta diferenza recóllese na ecuación de tempo.

Hora oficial = 4 h 25 min + 2 h 34 min + 1 min = 7 h da tarde.

Corrección (minutos) por ecuación de tempo

1 xan

+3

1 abr

+4

1 xul

+4

1 out

-10

16 xan

+10

16 abr

0

16 xul

+6

16 out

-14

1 feb

+14

1 mai

-3

1 ago

+6

1 nov

-16

16 feb

+14

16 mai

-4

16 ago

+4

16 nov

-15

1 mar

+12

1 xuñ

-2

1 set

0

1 dec

-11

Usamos cookies
Usamos cookies de terceiros que eles utilizarán para fines analíticos e para mostrar publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo a visita a este sitio web). Podes rexeitar o uso das cookies, en cuxo caso non funcionarán correctamente algunhas funcións do sitio web facilitadas por terceiros, en particular o sistema de reserva de visitas guiadas ao observatorio astronómico.