dúas nenas observando no telescopio

Cada sábado PREVIA RESERVA e sempre que a meteoroloxía o permita, organizamos unha observación astronómica guiada do ceo nocturno no Observatorio Astronómico de Cotobade, para dúas quendas de 20 persoas cada unha. 

Cada quenda divídese en dous grupos de 10 persoas que pasan por dúas actividades distintas, de 20-25 minutos de duración cada unha aproximadamente, e que son:

  1. observación a través do telescopio da cúpula del observatorio
  2. explicación do ceo a simple vista e observación a través de telescopio ou de binoculares de gran formato, todo isto no exterior do observatorio

A actividade é gratuíta pero faise imprescindible a reserva previa.

O horario depende da época do ano, segundo a hora do anoitecer. Informarémosche da hora exacta ao facer la reserva, pero tes a continuación unha táboa de horarios aproximados:

MES PRIMEIRA QUENDA SEGUNDA QUENDA
XANEIRO 20:00 21:00
FEBREIRO 20:30 21:30
MARZO 21:30 22:30
ABRIL 22:30 23:30
MAIO 23:00 0:00
XUÑO 23:00 0:00
XULLO 23:00 0:00
AGOSTO 22:30 23:30
SETEMBRO 21:30 22:30
OUTUBRO 21:30 22:30
NOVEMBRO 20:30 21:30
DECEMBRO 20:00 21:00

 

É importante levar roupa de abrigo, pois no observatorio pode chegar a facer moito frío, incluso en verán. A quitar prendas sempre hai tempo, pero se non tes roupa de abrigo que poñer a experiencia pode ser moi desagradable. 

 

RESERVAS

Usamos cookies
Usamos cookies de terceiros que eles utilizarán para fines analíticos e para mostrar publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo a visita a este sitio web). Podes rexeitar o uso das cookies, en cuxo caso non funcionarán correctamente algunhas funcións do sitio web facilitadas por terceiros, en particular o sistema de reserva de visitas guiadas ao observatorio astronómico.