Desde a Asociación Astronómica Sirio levamos máis dun ano traballando intensamente con distintas institucións na preparación da eclipse. Fixemos varias actividades públicas, informamos e axudamos a distintos organismos, e divulgamos desde a nosa web e as nosas redes sociais. Pero non imos facer ningunha actividade ese día.
Para os nosos socios, que debemos lembrar que son voluntarios, este é tamén un acontecemento único e cada un o vivirá como considere oportuno coa súa familia ou amigos. Non podemos pedirlles que ante un evento desta magnitude teñan que quedarse, por exemplo, fóra da franxa de totalidade, ou implicarse nunha actividade concreta ese día.
Esperamos comprensión por parte de todos e desexámosvos unha feliz experiencia o día da eclipse.