A asociación, xunto co Concello de Pontevedra, esta traballando xa na preparación dun fenómeno impresionante que poderemos observar axiña no noso ceo. Non se trata dunha soa eclipse, senón CATRO que se seguirán anualmente ata 2028.

Pero, que é unha eclipse solar? É un momento no que a Luá ao pasar entre a Terra e o Sol, oculta parcial ou completamente a nosa estrela. Aínda que a Lúa pasa entre o Sol e a Terra cada aproximadamente 28 días, non o fai sempre a mesma "altura". A Lúa só pasa a mesma altura que a Terra en dous puntos da súa órbita chamados nodos e por isto ten que coincidir que estea pasando por un nodo e que estea entre o Sol e a Terra para que os tres estean aliñados. Isto fará que o Sol se escureza, xa sexa total, parcial ou anularmente.

Anota o día no calendario! O vindeiro día 29 de marzo comeza o tren de eclipses. Nesta primeira cita teremos unha eclipse parcial, na que o disco solar cubrirase en ata un 31%. A medida que a Lúa pase diante do Sol, veremos cómo a súa sombra se proxectará desde a marxe superior dereita ata a marxe superior esquerda, para finalmente desaparecer. O fenómeno comezará as 10:42 e finalizará as 12:37.


advertencia sol
Para promover boas prácticas na observación, estamos organizando charlas divulgativas como a que convocou o Concello p día 18 de febreiro. Estos obradoiros estan especialmente dirixidos a persoal docente, monitores de tempo libre ou directivas de Ampas, para que poidan compartir a información nas aulas, aínda que as recomendacións aplícanse a todo o público que estea interesado en gozar do evento.

Ademais das charlas previas, o mesmo día 29 de marzo levarase a cabo unha actividade para poñer en práctica o aprendido en materia de seguridade e, por suposto, para observar o fenómeno astronómico. O lugar elixido será a ponte do Burgo, onde estaremos acompañados de diversos tipos de instrumentación a partir das 10:00 da mañan. En colaboración co Concello, repartiremos ata 2.000 anteollos homologados para que todos os asistentes poidan gozar do evento de xeito seguro.

Esta eclipse do 2025 non será o único do seu tipo, senón que marcará o inicio dun ciclo que continuará en 2026 coa eclipse case total do 12 de agosto. Nesa ocasión a Lúa  cubrirá máis do 99% do Sol, dependendo da localización da observación.

Se quedamos con gana de máis, en 2027 e 2028 teremos outras dúas eclipses parciais, con ata un 70% do Sol cuberto.

MÉTODOS SEGUROS PARA OBSERVAR AS ECLIPSES

Mirar directamente ao Sol pode causarnos danos irreparábeis na vista, como queimaduras na retina. Por iso boa parte dos nosos esforzos céntranse na concienciación da poboación para gozar de maneira correcta do evento astronómico.

A continuación, explicámosche algunhas das ferramentas máis seguras para observar sen perigo.

  1. Anteollos homologados para eclipses. Son o modo máis seguro e observar estes acontecementos de maneira directa. Levan filtros solares especialmente deseñados para bloquear a radiación dañina, como os raios ultravioleta e os infravermellos, ademáis de reducir a intensidade da luz solar. Débese verificar que cumpran a normativa internacional ISO 12312-2 para estar seguros da súa efectividade e seguridade. As lentes de sol normais NON protexen o suficiente, así como tampouco as radiografías nen outros obxectos non específicos para a observación solar. O tempo de uso contínuo dos anteollos é de 3 minutos como máximo e debe haber descansos entre quendas de observación.
  2. Filtros solares para telescopios. Se estás pensando en observar a eclipse co teu telescopio ou prismáticos, é preciso que lle coloques un filtro específico no extremo de entrada da luz do sol no telescopio. NUNCA mires ao sol sen filtro a través do teu telescopio xa que o aumento da luz podería causar danos permanentes na retina aínda maiores que mirando a simple vista ou con elementos non homologados. Ten en conta que a cantidade de luz que entra ao mirar a través dunha lente é moito maior que a simple vista. É equivalente a poñer unha lupa apuntando directamente ao teu ollo.
  3. Proxección indirecta a través dun telescopio. Consiste en engadir unha cartolina no portaocular para que se proxecte a imaxe nunha pantalla branca. O inconveniente é que require unha preparación previa para axustar ben o enfoque da proxección. Temos que asegurarnos de que ningún rapaz teña acceso ao telescopio sen supervisión. Podería, por curiosidade, tentar mirar directamente polo ocular e lembremos que en proxección non hai fitro solar que o protexa. Podería sufrir danos irreparábeis no ollo en fraccións de segundo.proyeccion sol telescopio
  4. Proxección indirecta a través de obxectoss comúns con buratos. Pódese proxectar o Sol nunha parede ou no chan empregando obxectos simples como unha espumadeira ou un escoadoiro. Cada burato proxectará a eclipse, polo que veremos centos de soles.proyeccion sol objetos comunes
  5. Proxección indirecta cunha cámara escura ou proxector estenopeico. É un dispositivo moi sinxelo de fabricar na casa cunha caixa de cartón. Aquí tes instrucións para facer un.proyeccion camara oscura

 

Os cristais de soldador poden ser unha opción alternativa, pero hai que ter a completa seguridade de que o seu grao de opacidade é de 14 ou máis. Valores inferiores non terían opacidade suficiente para protexer de toda a radiación. Os CD's, ou calquera outro filtro improvisado caseiro, non son adecuados e poden ser perigosos.

Desde aquí, animávosmos a seguir as recomendacións para gozar cada ano destes fascinantes eventos de maneira segura e aproveitar cada un eles para marabillarnos coa grandeza do universo.
Vémonos o vindeiro 29 de marzo!

 

Usamos cookies
Usamos cookies de terceiros que eles utilizarán para fines analíticos e para mostrar publicidade personalizada en base a un perfil elaborado a partir dos teus hábitos de navegación (por exemplo a visita a este sitio web). Podes rexeitar o uso das cookies, en cuxo caso non funcionarán correctamente algunhas funcións do sitio web facilitadas por terceiros, en particular o sistema de reserva de visitas guiadas ao observatorio astronómico.