A Asociación Sirio participa este ano na Noite Internacional de Observación da Lúa ampliando as prazas da súa tradicional visita guiada dos sábados ao Observatorio Astronómico de Cotobade e adaptando a súa temática aos obxectivos «luares» desta noite internacional.
Hai 60 prazas para esta actividade e podes facer a túa reserva no apartado de visitas guiadas.
Esta Noite Internacional de Observación da Lúa é un evento público anual a escala mundial que fomenta a observación, apreciación e coñecemento da nosa Lúa así como a súa conexión coa ciencia e a exploración planetaria. Todos os habitantes da Terra están invitados a participar neste evento, sexa como anfitrións ou como asistentes dunha actividade de observación da Lúa. Para máis información podes visitar https://moon.nasa.gov/observe
On The Moon Again 2024, na fin de semana do 14 ao 16 de xuño.
Trátase dun evento internacional que todos os anos pretende sorprender aos viandantes e que todos levanten a mirada ao ceo para observar a Lúa, especialmente aqueles que nunca tiveron un interese real ou que non imaxinan que é accesible e doado.
Nesta ocasión as nubes só nos deixaron saír o venres 14, e o fixemos nas rúas de Pontevedra e Soutomaior.
22 de decembro de 2023, observación astronómica en Fornelos de Montes para o programa de adolescentes da ACLAD Alborada
On The Moon Again volve a fin de semana do 23-25 de xuño de 2023.
É un evento mundial que todos os anos pretende sorprender aos viandantes e que todos levanten a mirada ao ceo para observar a Lúa, especialmente aqueles que nunca tiveron un interese real ou que non imaxinan que é accesible e doado.
A Asociación Sirio participará de novo no evento poñendo telescopios nas rúas.
3 de marzo de 2023, na Casa Nagarola, en Fornelos de Montes, charla impartida polo noso socio José Luis Solla.
Observación da Lúa desde as rúas de Pontevedra, 8 e 9 de xullo de 2022.